Hoxe tivemos unha actividade moi especial na aula de Audición e Linguaxe, visitounos o escornabot do cole e fixemos un xogo; mandámoslle buscar un montón de letras e que formara palabras, foi moi divertido, pásamolo XENIAL!!!
En Educación Infantil estivemos traballando o día do Libro e o día das Letras Galegas, facendo unha carpetiña moi especial, nas sesións de Estimulación da Linguaxe.