24 outubro 2020

COMUNICAR-NOS no COLEXIO POSSUMUS

Neste curso no meu cole, Colexio Possumus, estamos a traballar por primeira vez co Programa COMUNICAR-NOS.
Polo que dou as grazas a ese equipazo de mestras de A.L.

Comezamos  en 6º de E. Infantil,  en 1º e 2º de E. Primaria; despois en 5º de E. Infantil e seguiremos en 4º de E. Infantil.
Eu, como a especialista en Audición e Linguaxe, estou encantada de que se implante este programa, xa que é moi completo e resolve moitas das carencias en habilidades lingüísticas que había en E. Infantil e E. Primaria; e agradecer as miñas compañeiras que están traballando comigo en levar a diante esta nova experiencia.