01 maio 2019

XOGOS DE MESA EN INFANTIL

Estes meses estivemos traballando en Educación Infantil na confección de xogos de mesa, sabemos a importancia destes xogos:

1. Os xogos de mesa son divertidos. Iso é o principal 2. Os xogos de mesa enriquecen a relación familiar 3. Os xogos de mesa ensinan matemáticas, introducen ao neno no recoñecemento de conxuntos, pautas, aritmética básica, cálculo mental, xeometría e comprensión do espazo. 4. Os xogos de mesa ensinan a ler, aínda que nos xogos de mesa para os máis pequenos non é indispensable ler, se imos atopar letras e palabras que, de maneira natural, irán coñecendo. 5. Os xogos de mesa ensinan a gañar e a perder 6. Os xogos de mesa ensinan a cooperar 7. Os xogos de mesa ensinan a resolver problemas 8. Os xogos de mesa ensinan a tomar decisións 9. Aceptación e comprensión das normas. Unha parte importantísima no desenvolvemento correcto dun xogo é que todos os participantes acepten e comprendan as normas. 10. Os xogos de mesa traballan a memoria.

4º Educacion Infantil




5º Educación Infantil




6º Educación Infantil






Ningún comentario:

Publicar un comentario