Hoxe tivemos unha actividade moi especial na aula de Audición e Linguaxe, visitounos o escornabot do cole e fixemos un xogo; mandámoslle buscar un montón de letras e que formara palabras, foi moi divertido, pásamolo XENIAL!!!
En Educación Infantil estivemos traballando o día do Libro e o día das Letras Galegas, facendo unha carpetiña moi especial, nas sesións de Estimulación da Linguaxe.
Os nenos e nenas de Educación Infantil estivemos traballando os medios de transporte de terra , de auga e de aire e fixemos un libriño acordeón. Os nenos e nenas de tres anos; pintaron.
Os nenos e nenas de catro anos; pintaron e debuxaron.
Os nenos e nenas de cinco anos; pintaron e escribiron.
Estes días en estimulación da linguaxe en galego, os nenos e nenas de E. Infantil traballamos a rúa e as tendas, fixemos estes xogos de mesa para divertirnos na casa.