Na aula de A.L. celebramos o día das Letras Galegas realizando uns acrósticos do nome de XELA.
16 maio 2021
11 maio 2021
DÍA DO LIBRO
Este ano unimos o DÍA DO LIBRO co PROXECTO DE CENTRO: As Pegadas da Historia e fixemos un MINILIBRO con cada unha das civilizacións. O resultado quedou moi BONITO!!!!
30 marzo 2021
PINZA DIXITAL EN INFANTIL
Fixemos un xogo para traballar a pinza dixital nos tres cursos de Infantil.
Podemos cambiar as plantillas do noso disco con temas que máis nos guste.
ÁNIMO E FACEDE PLANTILLAS PROPIAS!!!
06 decembro 2020
SOPRANDO EN INFANTIL
Coma todos os cursos para fortalecer os músculos e reforzar o sopro,
fixemos unha manualidade divertida nas sesións de
Audición e Linguaxe ,
este ano con algún cambio...
Aquí temos o vídeo.
Ligazón: O sopro en E. Infantil
06 novembro 2020
Samaín na aula de A.L.
O Samaín tamén chega á aula de Audición e Linguaxe con un comecocos lingüístico.
Poderemos pasar todas as probas??
24 outubro 2020
COMUNICAR-NOS no COLEXIO POSSUMUS
Neste curso no meu cole, Colexio Possumus, estamos a traballar por primeira vez co Programa COMUNICAR-NOS.
Polo que dou as grazas a ese equipazo de mestras de A.L.
Comezamos en 6º de E. Infantil, en 1º e 2º de E. Primaria; despois en 5º de E. Infantil e seguiremos en 4º de E. Infantil.
Eu, como a especialista en Audición e Linguaxe, estou encantada de que se implante este programa, xa que é moi completo e resolve moitas das carencias en habilidades lingüísticas que había en E. Infantil e E. Primaria; e agradecer as miñas compañeiras que están traballando comigo en levar a diante esta nova experiencia.
Etiquetas:
Audición e Linguaxe,
Comunicar-nos,
Traballo na aula
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





























