20 decembro 2024

O APALPADOR

 As alumnas e os alumnos de aula de Audición e Linguaxe, este ano fixemos a carta para o Apalpador, fomos moi bos e esperamos que a volta de vacacións teñamos unha sorpresa, aí temos á nosa mestra mandando a carta no buzón que temos no noso cole. 

Que ilusión!!!!!!!!!!!!!



18 decembro 2024

NADAL en GALEGO

Nestes derradeiros días de cole na aula de 
Audición e Linguaxe, traballamos o 
vocabulario de Nadal en GALEGO realizando varias actividades lúdicas. 
Aprendemos palabras!!!!!!



















09 decembro 2024

GALEGO EN A.L.

 

Na aula  de  AUDICIÓN e LINGUAXE xogamos ao "Dobble" para aprender vocabulario en  GALEGO.

Que divertido!!!!



15 novembro 2024

PROXECTO BIBLIO

Xa está rematado o proxecto da BiblioPossumus deste mes: Os días Mundiais e internacionais do mes de Novembro.

A aula de Audición e Linguaxe elexiu o do día 10, día Mundial dos TRABALINGUAS!  

Que divertido foi traballar con eles!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!











30 outubro 2024

SAMAÍN NA AULA DE A.L.

 Estes días o alumnado de Audición e Linguaxe estivemos traballando a temática e Samaín, cun libriño, que recollimos da web afiestradamestra.gal, baseado na obra de Malcon Bird: "O manual das bruxas",  polo que lle damos as GRAZAS.

Aí van as fotos do libro e do traballo que fixemos.





















28 outubro 2024

SAMAÍN

 Xa temos todo preparado para gozar do Samáin  

na aula de Audición e Linguaxe, 

con contos, xogos e...

faremos un libro de bruxas!!!!!!




23 outubro 2024

TRABALLO NA AULA

 Traballamos a conciencia fonolóxica e o vocabulario co xogo de mesa palabras encadenadas.